A protección e conservación da contorna é para TEN unha prioridade. Estamos fortemente concienciados para desenvolver a nosa actividade de forma respetuosa.
404 Not Found.
A protección e conservación da contorna é para TEN unha prioridade. Estamos fortemente concienciados para desenvolver a nosa actividade de forma respetuosa.
O noso compromiso céntrase en diminuír o impacto negativo que xenera a xestión dos residuos no medio empregando as prácticas máis adecuadas e integrando as innovacións tecnolóxicas máis eficientes.
Non queremos quedar só na teoría por iso levamos anos destinando un 90% da nosa produción na rexeneración dunha antiga zona mineira devastada.
A mina de cobre e ouro de Touro (A Coruña) levaba anos abandonada tras o cese da explotación, supoñendo un problema ambiental, de seguridade e de saúde para os veciños.
Dende TEN e en colaboración con outras institucións como a Universidade de Santiago, fixémonos cargo da recuperación ambiental desta área. O proxecto experimental supuxo un importante avance científico sobre a materia dos tecnosuelos levantando o interese de gran parte da comunidade científica.
O proxecto xa está dando os seus froitos e hoxe podemos comprobar o gran avance que supuxo sobre o propio terreo.